Agente
martes, 8 de septiembre de 2015
Turismo de Galicia anuncia a convocatoria das probas de habilitación de guías de turismo especializados de Galicia
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a convocatoria para as probas de habilitación de guías de turismo especializados de Galicia e para a obtención ou ampliación a outros idiomas da habilitación. Deste xeito, Turismo de Galicia, dá resposta con esta iniciativa a unha solicitude moi demandada do sector.
Poderán presentarse ás probas os cidadáns maiores de idade que teñan a nacionalidade española ou a dalgún dos estados membros da Unión Europea, asinante do Acordo sobre Espazo Económico Europeo ou de calquera outro dos estados de libre circulación de traballadores e traballadoras. Así mesmo, poderán participar nas probas os cidadáns estranxeiros con residencia legal en España.
Os aspirantes a guías de turismo deberán estar en posesión de un título de grado ou diplomatura universitaria, de grao superior de formación profesional ou de diploma de xestión e/ou dirección de empresas hoteleiras.
http://www.turgalicia.es/canle-institucional/actualidade/detalle-nova?langId=gl_ES&content=nova_0778.html&ordRs=0
DOGA
Podcast Radio Traballamos Marketing co film "The Joneses"
A radio serve para adentrar ó alumnado en diversos ámbitos do coñecemento de forma lúdica e divertida ó mesmo tempo que ...
-
Bebida alcohólica, destilada e fermentada do zumo de ciruelo. .... .... .... ... .... ... ... .... ....
-
Frontur Cuestionario Reya voyages Cuestionario Viajes Cuestionario Actividad turística