miércoles, 21 de febrero de 2018

Podcast Marketing: Facemos Radio na Aula

A radio, como sinala a UNESCO, debería ser non soamente un medio de animación sociocultural, senon tamén unha xeradora de experiencias, propostas de proxectos prácticos e, baseándose nunha pedagoxía ó enfoque participativo, axudar á transformación social dende a crítica constructiva do ensinado. A radio serve para adentrar ó alumnado en diversos ámbitos do coñecemento de forma lúdica e divertida ó mesmo tempo que inmersiva levando a cabo as súas capacidades en diferentes áreas.
Investigación. Os participantes requiren indagar sobre o tema con fontes axeitadas e sólidas.
Lectura. A lectura exercitada en dous intres da actividade, a lectura sobre os temas investigados e sobre os cales van a realizar os seus programas de radio, exercitándose na lectura dos guións que leven a cabo.
Coñecementos. Adquiren coñecementos a través da sección e a investigación dos temas que seleccionan a través do proceso de análise, reflexión e elección do tema investigado. Traballan cos contidos vistos no aula na unidade didáctica ( 4P´s do Márketing) e reforzados na visualización dun filme.
Expresión oral. Os participantes exercitan e milloran a súa expresión oral, dicción, modulación da vos e a correcta pronunciación das palabras.
Creatividade, pensamento crítico e innovación. Durante todo o proceso de realización dos talleres de radio promóvense a creatividade, a reflexión, o pensamento crítico, o lúdico dentro dun ambiente de traballo en equipo e respeto a aqueles que os rodean.
Existen ferramentas de edición e producción gratuitas e as mal denominadas “novas tecnoloxías”, nas que o alumnado está inmerso por natureza e nas que teñen acceso fácil e instantáneo e permiten manter un canal de contidos que da froitos de forma inmediata.
O podcasting e a radio “á carta” poden ser canais de difusión e intercambio  aportarán á educación do alumnado un elemento fundamental no seu crecemento intelectual e humán.

A imaxinación é un músculo que debemos manter tonificado dende calquer idade e a radio é o ximnasio perfecto para elo.

Técnicas para o coidado da voz, antes de facer a grabación do programa de Radio.


Xa temos os nosos programas, animádevos a escoitarnos:

Escucha"Programa radio 1AAVV" en Spreaker.
Escucha"Programa Radio 1.GIAT" en Spreaker. Escucha"Programa radio grupo A" en Spreaker.

TURISMO NACIONAL, INTERNO , DOMÉSTICO

EXCELENTE CAMPAÑA DE LA AGENCIAS DE VIAJES PANGEA: