Visibilidade da muller


A nivel mundial, soamente o 25% das mulleres ocupan unha posición de liderazgo no sector turístico.
A Organización Internacional do Traballo (OIT) no seu informe anual "Perspectivas internacionais sobre as mulleres empleadas na hostelería, a restauración e o turismo" mostra cómo en termos xerais son os homes os que ocupan cargos xerenciais e postos de maior responsabilidade, pese a que as mulleres representan entre o 60 e o 70% dos traballadores na industria.
Un informe elaborado por Turijobs co fin de avaliar a discriminación laboral por razón de xénero no sector conclúe que o sector máis afectado por a discriminación laboral é Cociña, cun 84%, seguido por Marketing e RRPP (76%) e Axencias de viaxes (74%).
No obstante, as mulleres van adquirindo maior representatividade escalando postos directivos no campo hoteleiro, axencias e intermediación turística e aviación que, nos últimos anos, viron incrementado o número de mulleres piloto.