Apps na nosa contorna, e en educación

O desenvolvemento da tecnoloxía propicia a súa importancia e forte presencia na nosa vida, cada vez cobra maior intensidade o papel de interlocutor dos medios dixitais na nosa comunicación.
O smartphone brinda a oportunidade de aproveitar esta ferramenta potencial para educar dende a comunicación. As aplicacións para teléfonos e tablets confiren un atractivo sustancial, dinámico, individual e interactivo para chegar ás persoas, non soamente dende os ámbitos empresariais , senon tamén dende as institucións.
O centro de estudios, a escola, o instituto teñen que reformularse ó mesmo que a sociedade está facendo, polo que os principais estandartes son aplicacións e plataformas dixitais.
As principais ferramentas según a https://www.toptools4learning.com/home/  son :
You tube, plataforma para compartir videos, Power point sofware para presentaciones, Google Search como buscador, twitter como rede social, linkedin como rede social para profesionais, google docs and drive, word, word press, slick , y zoom.
Cando integramos as TICS na aula é moi importante valorar e empregar aquelas que enriquecen a relación que establecemos entre alumnado, tarefas, contidos e docentes.
É fundamental integralas no noso esceario educativo e de interacción co alumnado, xa que o actual escerario de interacción social da nosa sociedade reflicte dita convivencia. 
Por sí soas as ferramentas tecnolóxicas non teñen efectos, pero sempre debemos acompañalas e integralas nas habilidade cognitivas correspondentes ás capacidades de acceso do alumnado, para desenvolver as capacidades de integración, avaliación e creación de información nos procesos de comunicación.

A través dunha dinámica achegamos esta importancia ó alumnado, mostrando a presenza das diferentes aplicacións maís empregadas na súa vida cotidiá, as apps que teñen instaladas nos seus teléfonos, ou tablets, aquelas que empregan de forma maís frecuente, e que dispositivo utilizan .


Primeiro poñemos sobre a mesa as diferentes apps maís descargadas polo alumnado , eles escollerán aquelas que teñen instaladas. Unha vez escollidas presentarán ante os seus compañeiros para qué as usan e en qué disposistivo. 
Apps de redes sociais

Traballamos tamén a importancia da cor e o diseño da imaxe empregada para representar as apps.

Tras este paso, pasamos a traballar cas apps de Turismo. Presentamos no mesmo formato os logotipos das maís descargadas. Os alumnos teñen que segmentalas en función de se son para :
transporte, aloxamento, ocio e restauración, turismo activo, guía de destinos,e utilidades.Agrupan as que coñecen. 
Tras a segmentación, as apps que non coñecen buscámolas na guía de apps publicada por Segittur.
Mentras estamos traballando cas apps, reflexionamos de novo, sobre o deseño destas, destacando a importancia das cores, da simboloxía..para comunicar, vemos como algunhas lévanos a erro xa que a simboloxía non sempre é sinxelo asociala ca aplicación correspondente. Esta dinámica pon en valor a forte presencia das apps na nosa vida, no intre de relacionarnos, e tamén a importancia déstas dentro do sector turístico tanto antes, durante e despois dunha viaxe.


  Apps turismo




Coñecemos a importancia das apps de turismo para por exemplo:

As apps mostrán a información completa e xeolocalizada de todos os recursos do destino e permiten ó usuario crear as súas propias rutas, agregando aqueles puntos de interese ó seu calendario, planificando as visitas en función das distancias...